• fotoss5slider.jpg
  • fotoss1slider.jpg
  • fotoss2slider.jpg
  • fotoss4slider.jpg
  • fotoss7slider.jpg
  • fotoss3slider.jpg

Participantes 2017

Pablo Rodriguez A Coruña (España)

[GA]
Pablo Rodriguez A Coruña (España)

O guitarrista coruñés Pablo Rodríguez está considerado como un dos máis grandes talentos españois da súa xeración.

Realiza os seus estudos de licenciatura no Conservatorio Superior da Coruña baixo a dirección do mestre Ramón Carnota, obtendo unha nota media de Matrícula de Honra na súa especialidade. Posteriormente e grazas á bolsa "José Ramírez-AIE" (única bolsa de guitarra clásica de España, outorgada entre case un centenar de candidatos) trasládase a Barcelona, onde realiza un posgrao na Escola Superior de música de Catalunya co xenial concertista e pedagogo Álex Garrobé, un dos profesores máis solicitados, obtendo sempre as máximas honras e eloxios.

Participou activamente en decenas de master class, cursos e seminarios de interpretación, análise e composición para guitarra recibindo consellos dalgúns dos máis recoñecidos músicos internacionais como Leo Brouwer, David Russell, Zoran Dukic, Álex Garrobé, Carlo Marchione, Paolo Pegoraro, Elena Papandreou, Carles Trepat, Marco Smaili, Simone Iannarelli, Margarita Escarpa, Joaquín Clerch, Marco Socías, Deixan Ivanovic, Costas Cotsiolis, etc, etc.

Ten ademais o privilexio de recibir consello frecuentemente do lendario guitarrista Gabriel García-Santos.

Leer más: Pablo Rodriguez A Coruña (España)

DÚO DOS PÚAS DE EKATERIMBURGO (RUSIA) - LA RIOJA (ESPAÑA)

[GA]
Dúo dos Púas de Ekaterimburgo (Rusia) - La Rioja (España)

 

O grupo está formado por Irina Kazimirskaya e Natalia López desde 2005.

Ao longo destes anos participaron coa formación nos intercambios entre mozos de Rusia e España organizados pola Asociación Esmeralda e o Festival Internacional de Música e Danza, onde realizaron concertos por diferentes lugares da xeografía española e rusa. Tamén participaron en festivais de pulso e púa, concursos e torneos, nos que acadaron diversos premios, entre eles, o diploma de honra no TIM (Torneo Internacional da Música).

Irina Kazimirskaya

Naceu en Ekaterimburgo (Rusia), onde realizou os seus estudos coa profesora Támara Volskaya, unha das instrumentistas máis virtuosas e recoñecidas da antiga Unión Sovietica. Graduouse no Conservatorio Estatal dos Urais.

No transcurso da súa vida en Ekaterimburgo realizou o seu labor docente no conservatorio da mesma cidade como profesora oficial de diversas disciplinas: domra, mandolina, piano e música de cámara. O seu excelente traballo docente e magníficos resultados cos seus alumnos, premiados en concursos rexionais de pulso e púa, valéronlle a felicitación da Direción do Departamento de Cultura de Ekaterimburgo.

Leer más: DÚO DOS PÚAS DE EKATERIMBURGO (RUSIA) - LA RIOJA (ESPAÑA)

Dúo Nuestra Herencia & Jesús Alejandro Sánchez Colombia

[GA]
Dúo Nuestra Herencia & Jesús Alejandro Sánchez  Colombia

O dúo Nuestra Herencia é unha agrupación de música colombiana fundada no 2000 por iniciativa de Juan Pablo e Felipe Andrés Sánchez Pena. Inclínanse por levar os aires tradicionais de Colombia a un nivel que conxuga a tradición coas linguaxes musicais académicas e modernas, con instrumentos de corda colombianos como a bandola, o tiple requinto e o tiple. 

Foron galardoados cos máis importantes concursos, festivais nacionais e internacionais, como o Premio Nacional de Música para Producións Musicais Discográficas Ministerio de Cultura de Colombia, e realizaron recitais e concertos en importantes escenarios de México, España, Francia e Portugal. 

Desde o ano 2008, Nuestra Herencia contribuíu á evolución e á transformación da música tradicional andina colombiana sen deixar de lado as raíces que caracterizan este xénero musical, dando a coñecer no ámbito tanto académico como purista unha  proposta nova e orixinal.

 

Leer más: Dúo Nuestra Herencia & Jesús Alejandro Sánchez  Colombia

Quartetto Improvviso de Savona (Italia)

[GA]
Quartetto Improvviso de Savona (Italia)

Paola Esposito, mandolino

Antonio Fiori, mandolino

Alessandro Fiori, mandola

Marco Pizzorno, guitarra clásica

O Quartetto Improviso nace da común intención de catro músicos savoneses, que medraron en ambientes musicais diferentes, para dar a coñecer e apreciar as obras para cuarteto de corda.

Diplomados brillantemente en diversos conservatorios italianos e institutos de música, tocan constantemente en Italia e no estranxeiro: España, Grecia, Francia, Alemaña, Suíza, EEUU etc.

O repertorio do grupo abarca desde a música orixinal para estas formacións de ´700 (Vivaldi, Munier, Calace, Amadei) a soadas páxinas da tradición napolitana (Mezzacapo, Capua) ata chegar ao repertorio contemporáneo (Kreidler, Machado, Pakenham, Gerswhin).

Leer más: Quartetto Improvviso de Savona (Italia)

Mandolin Quartet Seasons de Sofía (Bulgaria)

[GA]
Mandolin Quartet Seasons de Sofía (Bulgaria)

Joana Dimitrova, mandolina

Evdokia Bobotsova, mandolina 

Nikolay Petrov, mandola

Milena Maneva-Valcheva, guitarra

 

O cuarteto de mandolina Seasons fué fundado en 1996 por Assen Dimitrov (1913 - 2000), quen á súa vez foi o fundador da primeira orquestra de mandolinas de Bulgaria.

Nas súas actuacións, os membros do cuarteto presentan as músicas tradicionais de mandolina e guitarra búlgara adquiridas do mestre Assen Dimitrov e o profesor Dimitar Doychinov, combinadas cos últimos conceptos europeos de mandolina adquiridos nas clases maxistrais dos recoñecidos profesores alemáns Caterina Lichtenberg, Dieter Kreidler etc.

O cuarteto consegiu importantes premios Internacionais como o primeiro premio e gran premio no 10º e 11º Festival Internacional de Música de Mandolina en Imotski, Croacia, e o terceiro premio do 5º Concurso de Novas Composicións e Logroño.

Seasons actuou en Bulgaria, Reino Unido, Alemaña, Austria, Hungría, España, EEUU, Xapón, Croacia, Serbia e outros países. Tamén realizou concertos conxuntos e participou en proxectos comúns de intercambio internacional para promover a música de plectro con músicos coñecidos de bandola, guitarra e bandurria, como o Trío Assai (España), Avi Avital (Israel), Alon Sariel (Israel), Kalamazoo Mandolina e Orquestra de Guitarra (USA) ou o Cuarteto de Mandolina de Toquio (Xapón).

A agrupación participou en numerosos festivais nacionais e internacionais de música clásica e contemporánea e foi convidado especial do Rally da Federación Británica de Banjo, Mandolina e Guitarra.

Leer más: Mandolin Quartet Seasons de Sofía (Bulgaria)

Artista Invitada: Yolanda Paz - Danza Serpentina

[GA]
Artista Invitada: Yolanda Paz - Danza Serpentina

A amplísima formación de Yolanda Paz nas artes escénicas incluen dende a danza e o teatro ata o clown e o mimo pasando polo canto, o cabaret, o burlesque, a improvisación e caracterización teatrais, combinando a sua experiencia na escea coa sua inquedanza en disciplinas psicoterapéuticas como PNL (programación neurolingüística), desprogramación biolóxica e xestión emocional ou a musicoterapia. 

 

A sua actividade profesional enfócase tamén no ámbito da formación e desenvolvemento persoal en diferentes escolas, asociacións e colectivos impartindo a sua docencia a grupos de tódalas idades e condicións (dende infantil a adulta). Obtendo positivos resultados en todos estos grupos reforzando a  autoestima, a valentía, a resolución de conflictos e as relacións interpersoais na realidade social.

 

[ES]

ARTISTA INVITADA: YOLANDA PAZ - DANZA SERPENTINA

La amplísima formación de Yolanda Paz en las artes escénicas incluyen desde la danza y el teatro hasta el clown y el mimo pasando por el canto, el cabaret, el burlesque, la improvisación y caracterización teatral, combinando  su experiencia en la escena con  su inquietud en disciplinas psicoterapéuticas como PNL (programación neurolingüística), desprogramación biológica y gestión emocional o la musicoterapia. 

 

Su  actividad profesional la enfoca también en el ámbito de la formación y desarrollo personal en diferentes escuelas, asociaciones y colectivos impartiendo la docencia a grupos de todas las edades y condiciones (desde infantil a adulta). Obteniendo positivos resultados en todos estos grupos, reforzando la autoestima,  la valentía, la resolución de conflictos y las relaciones interpersonales en la realidad social.